Iker Losada debutou como titular coa Selección Española Sub-19

O canteirán Iker Losada debutou como titular coa Selección Española Sub-19 este venres no partido amigable ante Xapón disputado en Murcia. O futbolista celeste, que xa sabe o que é marcar co primeiro equipo vigués, mantívose no terreo de xogo até o minuto 80. O combinado nipón fíxose coa vitoria pola mínima (0-1).