Iker Losada, titular e goleador coa Sub-18 na Copa do Atlántico

Iker Losada, canteirán do RC Celta, xogou onte como titular coa Selección Española Sub-18 na prestixiosa XLV Copa do Atlántico. Ademais, o xuvenil celeste estreouse como goleador co combinado nacional cunha precisa vaselina na vitoria fronte a un combinado de Illas Canarias (7-1).

Losada, habitual coa Sub-16 española, fixo o seu debut coa Sub-18 este martes ante Serbia, cando disputou o último tramo do partido. O próximo encontro da Sub-18 será mañá venres ante Xapón.