Ilusión e bo ambiente no arranque de pretempada do Celta B

Celta_B_1314.jpg

O filial, que esta campaña xogará en Segunda División B, adestrou esta mañá na Madroa

 

O Celta B comezou a pretempada esta mañá nas instalacións deportivas da Madroa nun ambiente cargado de mocidade. Os canteiráns celestes exercitáronse baixo a atenta mirada do adestrador David de Dios e o seu equipo técnico, que toman as rendas do conxunto olívico no seu regreso á Segunda División B.

 

Celta_B_1314_b.jpg

 

Á espera de que algúns xogadores regresen da concentración do primeiro equipo en Melgaço, o Celta B iniciou os adestramentos cós seguintes futbolistas, entre eles varios xuvenís: Abreu, Iván, Ángel, Pablo Pérez, Kevin, Javi Rey, David Soto, Maceira, Samuel, Antón, Borja Domínguez, Jordan, Marcos Torres, Añón, Pablo García, Thaylor, Berto, Sancho, Borja Iglesias, Pape, Miguel, Fede e Adrián.

 

Celta_B_1314_c.jpg

 

Este mesmo domingo o filial céltico medirá as súas forzas no seu primeiro compromiso do verán. Será no triangular de Teo, no que se medirá ao Ourense e ao Boiro.

Leave a Reply

3 × 3 =