Importante paso do Celta de División de Honra cara o campionato

honra.jpg

Os canteiráns mantense líderes do Grupo 1 con 66 puntos tras superar ao Real Oviedo (5-0)

 

O Celta Xuvenil de División de Honra disputou esta tarde na Madroa ante o Real Oviedo o partido correspondente á xornada 25, aprazado hai dúas semanas por causa da néboa. Os canteiráns celestes superaron con claridade ao cadro asturiano, que non logrou perforar a portaría defendida por Iván Villar. Os vigueses adiantáronse no primeiro tempo por medio de Adrián Rodríguez, que na segunda parte anotou outros dous tantos para asinar un espectacular ‘hat-trick’. Brais Méndez e Yelko Piñeiro contribuíron á goleada con senllas dianas.

 

Tras vencer 5-0 ao Real Oviedo, o Celta mantén o liderado con 66 puntos, 6 máis que o segundo clasificado, o Deportivo da Coruña.

 

Once do RC Celta: Iván, Sergio, Jorge, Bugallo, Diego, Peña, Hugo Pintos, Julio, Adrián Rodríguez, Yelko e Brais Méndez

Leave a Reply

twelve − nine =