Hemeroteca celtismo

Información de interese sobre o acceso ao estadio no partido de UEL ante o KRC Genk

RC Celta

escudo-650x370.jpg

 

O RC Celta informa a abonados e afeccionados de que no partido desta noite ante o KRC Genk realizarase nas portas de acceso ao estadio un rexistro individual aos espectadores, medida adoptada esta mesma mañá pola UEFA nunha reunión extraordinaria de seguridade.

 

Por iso, o club insta aos seguidores a que acudan con tempo ao estadio para que poidan ocupar os seus asentos con suficiente antelación e pide a máxima colaboración para que o acceso ao campo sexa o máis áxil posible. A tal fin, as portas do estadio abrirán unha hora e media antes do comezo do partido.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas