Información para os abonados do RC Celta de cara ao partido ante a AS Roma

grada_rio_obras_balaidos_celta_2017.jpg

O RC Celta informa aos seus abonados que para o partido do próximo domingo ante a AS Roma, ante a imposibilidade de utilizar a Bancada de Río por mor das obras en curso realizadas polo Concello de Vigo, a gran afluencia previsible e a dispoñibilidade unicamente de 16.000 localidades para unha masa social superior a 21.000 abonados, adoptaranse as seguintes medidas co fin de minimizar na medida do posible os prexuízos que causarán as mencionadas obras.

 

Os abonados das Bancadas de Tribuna Alta e Baixa, Marcador e Gol con carné en vigor deberán retirar antes das 20.00 horas do próximo xoves unha entrada que lles permitirá acceder ao seu asento no encontro ante a Roma. Doutra maneira, o seu asento quedará liberado.

 

O venres, sábado e domingo os abonados das mencionadas bancadas que non retirasen a súa entrada e os de Río Alto e Baixo poderán recoller en despachos de billetes entrados para o partido podendo estos últimos elixir bancada por orde de chegada e ata fin de existencias.

 

Os abonados de fóra de Vigo poderán realizar unha reserva do seu asento por vía telefónica nos números 986213230 e 986213234 o mércores e xoves e poderán recoller as entradas o domingo, día de partido, nun despacho de billetes habilitado para tal efecto.

 

O RC Celta roga aos abonados de Tribuna, Marcador e Gol que desculpen as molestias que lles poidan ocasionar estas medidas extraordinarias que buscan reducir ao máximo os prexuízos que as obras causarán aos socios de Río e a estes as que lles poidan causarlles os mencionados traballos de remodelación na Bancada.

 

Os despachos de billetes estarán abertas de mércores a domingo de 10.00 a 20.00 en horario ininterrompido.

Leave a Reply

seventeen − four =