hugo-mallo-o-noso-derbi-celta-vigo-deportivo-coruna-balaidos.jpg
Celtismo

Innovador sistema na venda das entradas para o derbi de Riazor

RC Celta

O RC Celta porá á venda o vindeiro mércores 22, en exclusiva para abonados, as entradas para o derbi ante o Deportivo do 23 de decembro en Riazor cun novo sistema ideado para evitar colas nas billeteiras do estadio e potenciar ao máximo a comodidade dos abonados celestes de toda Galicia.

A venda de entradas para este encontro realizarase a través da páxina entradasonosoderbi.rccelta.es, gestionada pola empresa líder en vendas digitales Ticketea, ademais de nas billeteiras do estadio. As entradas, un total de 786, venderanse de xeito simultáneo online e na taquilla ata final de existencias. Tanto as billeteiras como a páxina habilitada para a venda estarán operativas desde as 10.00 horas do mércores 22 e ao ser a venda simultánea é posible que as entradas esgótense nun curto espazo de tempo e apenas poidan despacharse un reducido número nas billeteiras do estadio.

O sistema de validación para poder realizar a compra, unha entrada por abonado, requirirá o IDE do carnet e os catro díxitos do número de asento, información visible no propio carnet. Unha vez finalizada a compra online, ao abonado chegaralle por correo electrónico un xustificante da operación. Este xustificante de compra de Ticketea contén un código QR, polo que se pode imprimir ou mostrar nun teléfono móbil, xunto co DNI, na porta do estadio de Riazor, onde será verificado por persoal do RC Celta habilitado para iso, que lle entregará a correspondente entrada a cada abonado. O xustificante de Ticketea é nominativo e debe coincidir co Documento Nacional de Identidade presentado.

O prezo de venda das entradas será de 30 euros para a grada visitante e estarán dispoñibles os 786 billetes facilitados polo Deportivo de La Coruña. O gasto por xestión de cada unha das entradas é dun euro (IVA incluído), que o RC Celta asumirá nesta ocasión de xeito excepcional por ser a primeira vez que se utiliza este sistema.

O RC Celta conta coa colaboración da firma Ticketea, líder do mercado español en venda de entradas para eventos e con capacidade para atender sen incidencias a alta demanda que poida conllevar este proceso.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas