Hemeroteca canteira

Insatisfactorio empate sen goles para o Celta B en Barreiro

RC Celta

celta_b_cacereño_28216.jpg

p>

 

O Celta B non puido superar ao cacereño, rival directo, nun partido intenso, disputado e igualado no que non houbo excesivas ocasións.  Insatisfactorio e insuficiente empate para os celestes.

 

O Celta B puso intensidade e ambición desde o inicio. Xerou xogo e chegadas no primeiro tramo de partido ante un rival que non asumía riscos e confiaba en exclusiva no balón parado. Os celestes dominaban o partido sen abafo algún atrás, aínda que sen crear ocasións claras.

 

O Cacereño puido marcar aos 32 minutos á saída dun córner cun remate que repeleu a madeira. Antes, o seu porteiro detivo dous lanzamentos de Fragapane e Luís Rioja. Os vigueses chegaban a través da combinación, os estremeños en xogadas de estratexia.

 

O descanso chegou sen goles e co Cacereño xerando perigo de novo  a balón parado.

 

Tras él, o filial compareceu frío e concedeu varias chegadas, sempre xogadas de estratexia, a un Cacereño máis metido no partido. Aos dez minutos, o colexiado anulou por fora de xogo un tanto de Luís Rioja na primeira boa chegada do conxunto local. Borja Iglesias probou son fortuna pouco despois tras unha gran xogada de Jordan. O seu remate parouno sen problemas Montiel.

 

O filial volvía dominar o encontro e a buscar a área rival con decisión, pero non lograba atopar camiños a través do muro visitante.  Xa no desconto, remate á madeira de Gus nun saque de falta. Insatisfactorio e insuficiente empate.

 

0-Celta B: Iván, Pape Cheikh (Alende, min.60), Roger Riera, De Amo, Samu, Gus, Jordan (Borja Fernández, min.83), Fragapane, Adrián (Borja Iglesias, min.60), Luis Rioja e Pedro Martín

 

0-Cacereño: Montiel, Palero, Mansilla, Gonzalo, Toni (Zubi, min.76), Ismael, Aarón, Josete (Amaro, min.70), Leo, Gallego 8Álex Díaz, min.88) e Collado

 

Árbitro: Muñoz Piedra, do comité madrileño. Expulsou con doble amarela a Mansilla (min.93) e amonestou a Palero, Collado, Aarón, Borja Iglesias

 

Campo: Barreiro, uns 800 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas