‘Invasión Celeste-La Fe Seguros’ sortea unha camiseta asinada por todo o equipo

Este venres 8 de decembro volve ‘Invasión Celeste-La Fe Seguros’, a carreira popular da Fundación Celta para toda a familia que se celebra no estadio de Balaídos. Para celebrar a cuarta edición, a Fundación organiza un sorteo nas redes sociais do club cunha mecánica de participación moi sinxela.

Os afeccionados que durante a xornada deste venres fagan unha foto ou vídeo na carreira e publíquena en Twitter, Facebook ou Instagram acompañada do hashtag #InvasiónCelesteLaFeSeguros, participarán no sorteo dunha camiseta do Celta asinada polo primeiro equipo.

 

CATEGORÍAS E HORARIOS
11:00 Chiquiceltas.
Nenos e nenas nacidos en 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015.
Recorrido de 50 metros dentro do estadio.
11:30 Nenos e nenas nacidos entre 2013 e 2010.
Recorrido de 1km. Unha volta ao exterior do estadio e meta no interior.
12:00 Adultos nacidos entre 2002 ou anteriores.
Recorrido de 6’7kms.