precios-entradas-celta-villarreal-190319.jpg
Celtismo

Invitacións para os abonados e prezos reducidos para o vital RC Celta-Villarreal

RC Celta

MERCA AS TÚAS ENTRADAS ONLINE

XESTIONA A TÚA INVITACIÓN DE ABONADO ONLINE

É o partido máis importante da tempada, sen ambaxes. O RC Celta recibe o sábado 30 do presente mes ao Villarreal coa necesidade de gañar para acurtar distancias cun rival directo, alimentar a súa fe e darlle maior sentido aos outros nove encontros que restan para que acabe a competición. É este un partido que comezará este mércores, día no que sairán á venda as entradas, día no que empezará a encherse o estadio de ABANCA Balaídos.

Mañá, mércores día 20 de marzo, desde as 10.00 horas, cada abonado do club poderá retirar nas billeteiras do estadio unha invitación gratuíta para a súa mesma bancada (ata esgotar existencias). E poranse ademais á venda entradas cun prezo reducido. Os abonados que non poidan desprazarse ás billeteiras poderán retirar a súa invitación online a través da web tickestabonados.rccelta.es

O obxectivo: encher o estadio, arroupar ao equipo, empuxalo cara á vitoria, lembrarlle a verdadeira forza do celtismo, trasladarlle a súa ilusión. A comuñón coa bancada, esa unión que se volve inquebrantable cando se rozan os límites, fixo prodixios en moitas ocasións. Sábeno os rivais e sábeno os xogadores celestes.

O RC Celta irá anunciando nos próximos días novas medidas para potenciar o ambiente que o equipo necesita, para que os xogadores celestes poidan absorber do celtismo a enerxía que precisan. XuntosSomosCelta.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas