Iván Villar e David Juncà reciben a alta médica

Inmellorables noticias no parte médico. Iván Villar e David Juncà, os dous xogadores que permanecían na enfermaría celeste, completaron o adestramento con normalidade e recibiron a alta médica este venres. Desta maneira, Óscar García ten á súa disposición a todos os xogadores do plantel para o transcendental partido do domingo ante o Sevilla.