Jacobo Montes dirixirá ao Celta B a próxima tempada

O Celta B terá novo adestrador a próxima tempada. O redondelán Jacobo Montes será o encargado de dirixir ao filial celeste, que selou a súa permanencia días atrás no playout ante o Alcoyano. Marcos Montes será o segundo adestrador do conxunto céltico. Os dous técnicos dirixiron a pasada campaña cun notable desempeño ao Coruxo, ao que chegaron no tramo final da tempada 2017/2018.