Hemeroteca canteira

Javier Torres Gómez, novo adestrador do Celta B

RC Celta

toresgomez02.jpg

Ocupará o banco do filial durante unha tempada tras o acordo alcanzado có club celeste

 

Javier Torres Gómez (Madrid, 1970) será o adestrador do Celta B a próxima tempada tras o acordo alcanzado entre o técnico madrileño e o RC Celta. Torres Gómez chega a Vigo tras dirixir a pasada campaña ao Villarreal C de Terceira División, conxunto co que quedou ás portas de disputar a fase de ascenso á categoría de bronce.

 

Ex xogador do Real Valladolid, Torres Gómez ocupou distintos cargos no conxunto valisoletano como coordinador da canteira ou segundo adestrador do primeiro equipo, ata que na 2011/2012 tomou as rendas do filial. Ocupou o banco do segundo equipo valisoletano durante tres tempadas, en Terceira División, e a última delas conquistou a primeira posición do seu grupo e o ascenso a 2ªB.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas