Jonny alcanza os 150 partidos en Primeira División

jonny_celta_real_sociedad_liga_2017_2018.jpg

 

Jonny alcanzou ante o Deportivo Arabés o seu partido cento cincuenta co Celta en Primeira División. Con 23 anos de idade, o canteirán celeste convértese no futbolista máis novo da historia do club en alcanzar esta cifra de participacións na máxima categoría do fútbol español.

 

Jonny (Vigo, 1994) debutou co primeiro equipo nun Celta-Osasuna da tempada 2012/2013. Desde entón disputou 184 partidos repartidos en 150 de Liga, 22 de Copa do Rei e 12 de Europa League.

Leave a Reply

3 × 3 =