Jonny, convocado coa Selección Española Sub-19

jonny.jpg

Participará nos adestramentos oficiais que terán lugar a próxima semana en Las Rozas

 

O lateral celeste Jonny foi convocado coa Selección Nacional Sub-19 para os adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará a próxima semana nas instalacións federativas de Las Rozas.

 

O defensa céltico participará nas sesións de preparación que terán lugar na Cidade do Fútbol entre os días 19 e 21 do presente mes e regresará a Vigo tras o último adestramento, o mércores da próxima semana.  

Leave a Reply

4 × 5 =