Jonny e Cabral, no once ideal da xornada 13

Os defensas Jonny Otto e Gustavo Cabral forman parte do 11 Ideal de LaLiga Fantasy da xornada 13, na que o RC Celta venceu ao CD Leganés en Balaídos por un gol a cero. Os futbolistas celestes forman na mellor aliñación da xornada xunto a Roberto (Málaga) en portería, Savic e Filipe Luis (Atlético) en defensa, Casemiro (Real Madrid), Banega (Sevilla) e Portu (Girona) en mediocampo e Januzaj (Real Sociedad), Griezmann e Gameiro (Atlético) en ataque.