Jonny inaugura o Nadal de El Corte Inglés

Este venres ás 19:00 horas terá lugar uno dos momentos máis tradicionais do Nadal vigués: o aceso da iluminación do Corte Inglés. Como vén sendo habitual desde hai anos, un xogador celeste estará entre os invitados a inaugurar a decoración do Nadal dos grandes almacéns, sendo o canteirán Jonny Otto o elixido nesta ocasión.

Pero a colaboración do RC Celta co Corte Inglés de Vigo nestas datas sinaladas non termina aí. Entre as actividades programadas polo comercio para as próximas semanas destaca o soado Concurso de Postais Do Nadal do Celta, no que os máis pequenos poden participar ata o 10 decembro entregando o seu traballo na planta 1 do Corte Inglés de Vigo, e un encontro cos xogadores celestes Wass, Hugo Mallo e Emre Mor o mércores 13 de decembro na planta 5.