Primeiro Equipo

Jonny: “Queremos gozar e facer gozar á afección co noso xogo”

RC Celta

151015_RP_Jonny_WEB.jpg

 


VÍDEO EN CELTA TV


 

Jonny reincorporouse hoxe aos adestramentos do Celta tras regresar da concentración da Selección Española Sub-21. O canteirán non puido participar en ningún dos dous partidos que o combinado español disputou debido a unhas molestias leves das que xa está recuperado: “Foron unhas molestias na zona do cuadriceps e en principio adestrei ben e espero recuperarme do todo para o domingo”, explicou Jonny.

 

O xogador vigués lembrou que este fin de semana “enfrontámonos ao líder”, un equipo “que se reforzou moi ben e que empezou como unha moto”. A expetación ao redor deste choque é notable dada a posición de ambos os clubs na táboa clasificatoria e aos encomios que levantou o xogo de celestes e amarelos: “Nós sempre xogamos para facer difrutar á afección pero tamén para gozar nós. Confío en que vai ser un partido moi bonito para o espectador”, asegurou o defensa.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas