Jonny, Rubén e Santi Mina na segunda selección de Futbol Draft 2013

00.jpg

Ademáis, Jonny e Rubén Blanco foron convocados unha vez máis pola selección española sub-19

Jonny, Rubén Blanco e Santi Mina, tres das máis firmes promesas da canteira celeste, forman parte da lista de 77 xogadores que superaron o primeiro corte dos Premios Futbol Draft. Estes galardóns premian aos mellores canteiráns do fútbol español de idades comprendidas entre os 16 e os 20 anos.

 

Desta forma o segundo comité técnico de Futbol Draft, integrado por recoñecidos profesionais do mundo do fútbol como Iñaki Sáez ou Ginés Meléndez, premia unha vez máis o gran labor que vén realizando o Real Club Celta na potenciación das súas categorías inferiores.

 

Esta non é a primeira vez que o club vigués ten protagonismo nos Premios Futbol Draft, xa que na anterior edición Hugo Mallo foi elixido como o segundo mellor lateral dereito de entre os canteiráns do fútbol español.

 

A este recoñecemento á canteira céltica únese a noticia do regreso de Rubén Blanco e Jonny á selección española sub-19. Os futbolistas celestes concentraranse co combinado nacional o luns 18 de marzo en Madrid, de face ao amigable Alemaña-España que se celebrará o 20 de marzo ás 20:00 horas, en Dusseldorf.

 

Enlace de interés: www.futboldraft.com

Leave a Reply

17 + 14 =