Jonny, Rubén e Santi Mina xogaron o Alemaña-España Sub19

O combinado español perdeu pola mínima nun amigable no que Jonny foi titular

 

Os canteiráns celestes Jonny, Rubén Blanco e Santi Mina gozaron de minutos coa selección española Sub-19 no partido amigable disputado onte ante Alemaña, na cidade xermana de Dusseldorf.

 

Jonny Castro xogou de inicio e disputou case 60 minutos, mentres que Rubén Blanco e Santi Mina entraron na segunda parte desde o banco. O porteiro do filial céltico saltou ao terreo de xogo no minuto 71, e Santi Mina no 79.

 

Alemaña venceu o partido amigable por 1-0, cun gol anotado no primeiro tempo.

Leave a Reply

5 × five =