Hemeroteca canteira

Jorge Cuesta adestrará ao Xuvenil A e De Dios seguirá vinculado ao Celta

RC Celta

juvenilcopacampeones1617.jpg

 

Jorge Cuesta, adestrador do Xuvenil B a pasada campaña, ocupará o banco do Celta Xuvenil A de División de Honra na tempada 2017/18. Pola súa banda David De Dios, ata agora técnico do Xuvenil A, continuará formando parte do RC Celta dentro da estrutura de canteira do club.

 

O ascenso de Jorge Cuesta do equipo B ao A responde á filosofía de canteira do RC Celta e á súa visión global da mesma, na que non só os futbolistas aspiran a mellorar e crecer ao longo das diferentes categorías da entidade, senón tamén os técnicos.

 

O Xuvenil A asinou na 2016/17 unha tempada excelente con David De Dios, técnico en diferentes categorías do RC Celta ao longo de 12 anos. O conxunto vigués finalizou o torneo regular como campión de grupo con 89 goles a favor, 22 encaixados e tan só 2 derrotas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas