Josep Señé, nova incorporación para o Celta B

señe.jpg

p>

O mediapunta chega libre a Vigo tras militar as dúas últimas tempadas e media no R.Oviedo

 

O Real Club Celta pechou a contratación do centrocampista Josep Señé, nova incorporación para o filial celeste. O xogador catalán, que chega libre á entidade viguesa, firma por 1 tempada e media con opción a 3 máis.

 

Josep Señé (1991, Terrasa) formouse nas categorías inferiores do Terrasa FC, onde espertou a atención do Real Madrid. No ano 2010 o club madrileño fichou ao xogador para o seu terceiro equipo, o Real Madrid C, no que Señé militou dúas tempadas. En 2012 o mediapunta catalán asinou polo Real Oviedo, conxunto co que acumulou unha gran experiencia na Segunda División B ao longo de dúas tempadas e media, nas que anotou até 9 goles.

Leave a Reply

three × five =