Jozabed cumpliu cincuenta partidos co RC Celta

Jozabed Sánchez (1991, Mairena de Alcor) sumou ante o FC Barcelona o seu partido oficial número cincuenta coa camiseta do RC Celta. O andaluz foi titular no empate a doses ante o cadro blaugrana e mantívose no terreo de xogo ata o minuto 73, no que foi substituído por Radoja.

Jozabed chegou a Vigo en xaneiro de 2017 cedido polo Fulham inglés. O bo rendemento do centrocampista, sumado á súa profesionalidade e actitude, convenceron ao RC Celta para incorporalo en propiedade ao termo da campaña 2016/17. En pouco máis de quince meses, o club vigués converteuse no segundo co que máis partidos xogou ao longo da súa carreira, a tan só catro do Raio Vallecano (54).

Os 2601 minutos de Jozabed coa celeste repártense en 38 encontros de Primeira División, 4 de Copa do Rei e 8 de Europa League.