Jozabed: “O Celta foi sempre a primeira opción”

jozabed_presentacion_celta_5.jpg

Jozabed xa se ha enfundado o equipamento da tempada 2017/18. O futbolista andaluz seguirá vestindo a celeste ata 2021, xa como xogador en propiedade do RC Celta. O centrocampista estivo acompañado na súa segunda presentación como céltico polo conselleiro Antonio Rosendo e o director deportivo Felipe Miñambres. “Estou feliz. O club fixo un esforzo grande por contar comigo e agora quero demostrar no campo esa confianza”, declarou o xogador.

 

Tal e como o conselleiro Antonio Rosendo dixo, a prentación de Jozabed “non é unha ao uso”. E é que o catro meses nos que defendeu o escudo do RC Celta como cedido foron suficientes para garnase o respecto e agarimo de equipo e afección, un futbolista, en palabras de Rosendo, “que xa forma parte da nosa familia”. Pola súa banda, Miñambres subliñou o esforzo que Jozabed realizou para poder seguir no club vigués, “tamén no aspecto económico”.

 

Jozabed asina ata 2021. Non podía estar máis “feliz”, tal e como expresou en rolda de prensa, e é que a do Celta era para o andaluz “a primeira opción”. O xogador é consciente “do esforzo grande que realizou o club” e está disposto a devolver no campo a confianza da entidade celeste: “Devolverei a aposta do club con traballo e bos partidos”.

 

Leave a Reply

20 − 1 =