Jozabed será celeste as próximas 4 tempadas

jozabed_espaldas_2017.jpg

 

O talentoso centrocampista Jozabed Sánchez seguirá formando parte do RC Celta. O futbolista andaluz chegou a Vigo no pasado mercado invernal procedente do Fulham en calidade de cedido. Tras o acordo alcanzado co club inglés, Jozabed incorpórase ao RC Celta en propiedade para vestir a celeste durante as próximas 4 tempadas.

 

Jozabed (Mairena del Alcor, Sevilla, 1991) debutou no ano 2011 no Sevilla Atlético, de onde partiu cara á SD Ponferradina. Tras xogar no Real Jaen, Jozabed asinou polo Rayo Vallecano, onde despuntou excesivamente na campaña 15/16 con dez goles e tres asistencias. Tras disputar dez partidos no Fulham inglés, o sevillano recalou no Celta como cedido. Na súa primeira etapa como futbolista céltico, Jozabed deixou unhas sensacións sobresalientes nos 28 partidos que disputou e nos que anotou 2 goles e deu 4 asistencias.

 

Con esta incorporación, que se suma á do dianteiro uruguaio Maxi Gómez, o RC Celta asegúrase a continuidade dun xogador cheo de calidade que encaixou á perfección tanto no vestiario como no seo da afección.

Leave a Reply

16 + 7 =