david-junca-presentacion-camiseta.jpg
Primeiro Equipo

Juncà: «O Celta é moi bo club, non mo pensei cando xurdiu a oportunidade e vir»

RC Celta

O lateral zurdo celeste David Juncà foi presentado esta mañá no Salón Regio de A Sede polo vicepresidente Ricardo Barros e o director deportivo, Felipe Miñambres nun acto no que o defensor, terceiro reforzo do conxunto céltico, afirmou que “o Celta é un moi bo club, leva anos facendo as cousas ben, por iso digo que non mo pensei cando xurdiu a oportunidade de vir. Collo este proxecto con moita ilusión”.

Juncà indicou que “darei o mellor de min para que o equipo estea o máis arriba posible”  e subliñou ademais que “onte empezamos bastante forte xa, creo que a cousa vai ir por aí, vai ser bastante físico, intensidade, O adestrador deunos unha pequena charla de cinco ou dez minutos esixíndonos iso, tanto en adestramentos como en partidos”.

“Cando o meu representante comunicoume o interese do Celta non dubidei en dicir que si e estou moi contento por iso”, concluíu o defensor celeste.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas