Juncà sufriu unha escordadura de nocello en Mestalla

O defensa celeste David Juncà, titular en Mestalla, sufriu unha escordadura no nocello esquerdo durante a disputa do partido ante a Valencia CF. Os servizos médicos estimarán o tempo de baixa do xogador nos próximos días, á espera de observar como evoluciona a lesión.