Kevin Vázquez representará ao RC Celta na #LaLigaSantanderChallenge

Kevin Vázquez será o representante do RC Celta no torneo de #LaLigaSantanderChallenge do videoxogo FIFA20. O canteirán celeste debutará este venres ás 19.30 horas ante Lucas Pérez, xogador do Deportivo Alavés. Todos os partidos poden verse gratuitamente a través da canle de Twitch de Ibai Llanos, unha plataforma para ver vídeos en streaming utilizada especialmente para a retransmisión de videoxogos. Movistar+ tamén retransmitirá o torneo a través da súa canle de Movistar Deportes 1.

Unha iniciativa con fin benéfico

Co obxectivo de poder contribuír á sociedade nestes momentos de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, a proposta inclúe a posibilidade de que este sexa un reto solidario e que todos aqueles que gocen do #LaLigaSantanderChallenge, poidan facer as súas doazóns mentres ven as partidas do campionato. Todo o recadado durante o torneo destinarase a unha organización sen ánimo de lucro co fin de apoiar na loita contra o COVID-19.