LaLiga anuncia os horarios das xornadas 10, 11 e 12

O RC Celta xa coñece os horarios correspondentes ás xornadas 10, 11 e 12 do campionato de Primeira División. Os celestes reciben á Real Sociedad o domingo 27 de outubro ás 12:00 en Abanca Balaídos (Movistar LaLiga), visitan o estadio do Real Betis o mércores 30 de outubro ás 21:00 (Movistar LaLiga) e enfróntanse ao Getafe CF en Vigo o domingo 3 de novembro ás 18:30 (Movistar LaLiga).

As entradas para os partidos no estadio Abanca Balaídos xa están á venda na web tickets.rccelta.es