LaLiga establece os horarios do Celta-Villarreal e #ONosoDerbi

LaLiga comunicou os horarios das xornadas 16 e 17 do campionato. O Celta recibirá ao Villarreal en Balaídos o domingo 17 de decembro ás 16:15 horas, partido que retransmitirá en directo beIN Sports LaLiga, e visitará Riazor na véspera de Noiteboa, o sábado 23 de decembro, ás 18:30. O derbi galego, un dos choques máis importantes da tempada para o celtismo, emitirase en aberto na canle Gol da TDT.