LaLiga Experience 2018/19 comeza por todo o alto en Vigo

LaLiga Santander Experience 2018/19 chegou con forza grazas a unha experiencia en Vigo que lembrarán para sempre o rapero eslovaco Ton S., o presentador de televisión checo Jindrich Sidlo e dous xornalistas de Digi Eslovaquia e Digi República Checa.

Os participantes desta primeira experiencia visitaron as instalacións de adestramento do RC Celta, viviron en primeira persoa unha sesión de adestramento do equipo galego, asistiron á rolda de prensa do técnico do Celta e o máis emocionante para eles, tiveron un encontro con tres xogadores do equipo de LaLiga Santander: o internacional español Iago Aspas e os eslovacos Stanislav Lobotka e Robert Mazan.

Os influencers foron os protagonistas dunha experiencia única que lles permitiu facer varios retos con balón cos futbolistas, mentres que os xornalistas de Digi tiveron a ocasión de entrevistarlles. Ademáis, o club vigués agasallou a estes invitados de excepción con camisetas asinadas polos xogadores celestes.

O enfrontamento entre RC Celta e Real Madrid no estadio Abanca Balaídos puxo a guinda a un fin de semana de luxo no que gozaron da gastronomía galega no Restaurante Silabario de A Sede e viviron o mellor fútbol do mundo.