LALIGA GENUINE RECIBE “O PREMIO ESPECIAL DO XURADO” NA XXXVIII GALA NACIONAL DO DEPORTE


LALIGA GENUINE RECIBE “O PREMIO ESPECIAL DO XURADO” NA XXXVIII GALA NACIONAL DO DEPORTE

A Gala Nacional do deporte, organizada pola Asociación Española de Prensa Deportiva, premiou aos mellores do 2017.

O pasado luns 26 de febreiro, LaLiga Genuine recibiu o premio nacional do deporte, da Asociación Española de Prensa Deportiva que premia aos mellores deportistas e clubs españois de 2017, por poñer en alza os valores do deporte, romper barreiras e facer do fútbol un espazo inclusivo perfecto para fomentar a concordia, solidariedade e igualdade.

Javier Tebas, presidente de LaLiga, xunto a seis xogadores do Valencia CF, Levante UD EDI e Vilarreal CF de LaLiga Genuine foron os encargados de recoller o premio, entregado por Ximo Puig, presidente da Generalitat Valenciana. Tebas agradeceu o premio e destacou que “nos quedan dúas fases en Mallorca e Vigo das catro que forman a liga para acabar esta primeira tempada” e lembrou que “esta é a nosa liga das estrelas”.

Durante a XXXVIII Gala Nacional do Deporte presentada por Ona Carbonell e Jesús Álvarez tamén se entregaron os premios ás Lendas Deportivas polas súas traxectorias, que este ano foron outorgados a Gemma Mengual e á quinta del Buitre do Real Madrid que este ano celebra o 35º aniversario do seu debut.

Entre os equipos e deportistas premiados ao longo da Gala figuran deportistas como: o golfista Sergio García, o Valencia Basket, Mireia Belmonte, Lydia Valentín, Damián Quintero, Toni Nadal, Alejandro Valverde, o Marcus Cooper, as nadadoras paralímpicas Sarai Gascón e Nuria Marqués, Xema Hassen- Bey, Sandra Sánchez, Joana Pastrana e o Atlético de Madrid feminino, entre outros.