LaLiga inclue a Iago Aspas e Brais Méndez no once ideal da xornada dez

Os canteiráns celestes Iago Aspas e Brais Méndez, autores da goleada 4-0 ante o Eibar, forman parte da aliñación ideal de LaLiga Fantasy na xornada dez do campionato. Os dous galegos aparecen neste once de ilusión xunto a Oier (Levante), Sergi Roberto (Barcelona), Godín (Atlético), Foulquier (Getafe), Pablo Sarabia (Sevilla), Rochina e Campaña (Levante), Portu (Girona) e Luís Suárez (Barcelona). Ademais, o hat-trick e asistencia asinados por Iago Aspas valeulle ser recoñecido como o xogador máis valioso da xornada.