Las Palmas-Celta: convocatoria

Juan Carlos Unzué convocou a 18 xogadores para a oitava xornada de LaLiga ante a UD Las Palmas (luns, 21:00, Gran Canaria), entre eles aos xogadores do filial Brais Méndez e Diego Alende.

A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Jonny, Fontàs, Cabral, Sergi Gómez, Diego Alende, Radoja, Lobotka, Pablo Hernández, Jozabed, Brais Méndez, Wass, Sisto, Hjulsager, Iago Aspas, Guidetti e Emre Mor.

Hugo Mallo e Roncaglia son baixas por lesión e Maxi Gómez por acumulación de tarxetas. Iván Villar non entra na listaxe.