Leganés-RC Celta: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, convocou a 19 xogadores para o partido deste sábado ante o CD Leganés (Butarque, 18:30), entre eles o xogador do filial Brais Méndez. A listaxe fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Radoja, Tucu Hernández, Wass, Jozabed, Brais, Iago Aspas, Boyé, Sisto, Emre Mor e Maxi Gómez.

Mazán é baixa por lesión.