Indicadores lei de transparencia

PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DE RC CELTA

Ver información sobre planificación e organización de RC Celta

1. Plans e/ou programas anuais e/ou plurianuais do RC Celta, así como as actividades medias e tempo previsto para a súa consecución

A nivel operativo, la sociedad trabaja con un Plan estratéxico centrado en tres focos de actuación, que son los siguientes:

  1. Capitalización da sociedade
  2. Plan de inversións estratéxicas, en xogadores e, na actualidade, no proxecto de construción da nova cidade deportiva, e
  3. Posicionamento e globalización da marca RC Celta.

Posto que trátase dunha Sociedade Anónima Deportiva, a maior parte das inversión realizadas están localizadas na compra de xogadores, activos para a empresa que unidos aos que se xeneran na propia “canteira”, a cal é unha referencia tanto en España como en Europa, permiten manter e incrementar o valor da sociedade.

Además de los jugadores, en estos momentos, el plan estratégico de inversiones de la sociedad Real Club Celta de Vigo, S.A.D. esta focalizado en tres objetivos:

  1. Consolidación de A Sede como Business Center. Destináronse mais de 7 millóns de euros á compra e rehabilitación do edificio situado na Rúa Príncipe, e actual sede social e fiscal da sociedade, coñecida coma A Sede, no que hai en funcionamento diferentes negocios non relacionados directamente coa actividade da sociedade como son Restaurante, Clínica Médica, Tenda Multimarca, Salón de Eventos, Gastrobar e Residencia para categorías inferiores.
  2. Proxecto Cidade Deportiva, para o cal con data 18 de xaneiro de 2018, fírmase un acordo entre a Comunidade de Montes Veciñales en Man Común da Parroquia de Pereiras (Mos) e a sociedade polo que regúlanse as bases da operación de adquisición en avenencia no marco dun procedemento expropiatorio sobre a finca “Montes de Pereiras” para o desenvolvemento dun complexo deportivo e comercial por parte da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. Tamén, fírmase a cesión do dereito real de superficio entre a Comunidade de Montes Veciñales en Man Común da Parroquia de Pereiras (Mos) e a sociedade, sobre a finca “Montes de Pereiras” con destino exclusivo á construción de edificacións e instalacións cuxo destino principal e/ou auxiliar teñan por obxecto a práctica de actividades deportivas vinculadas ao obxecto social da sociedade.
  3. Optimizar, na medida do posible, a comodidade do Estadio de fútbol Abanca Balaídos, na actualidade en situación da remodelación por parte do Concello de Vigo.

RC Celta é moito máis cun equipo de fútbol, xa que coma sociedade anónima deportiva aspira a acadar a excelencia deportiva e empresarial, cunha implicación social a través da Fundación Celta de Vigo e cunha imaxe de marca e posicionamento cada día máis global a través da empresa Afouteza e Corazón.

Ao tanto coa complexidade, cada vez maior, do mundo empresarial en xeral e do deporte e o entretemento en particular, detectamos a necesidade de traballar desde unha prisma de calidade total, cun enfoque de procesos, razón pola cal a sociedade dispón de certificado do sistema de xestión da calidade conforme coa Norma ISO 9001 para o Departamento de Administración, Finanzas e Recursos Humanos, así como para o Departamento de Seguridade e Instalacións.

Sinalar que todos estes retos e logros, estimúlannos e motívannos para seguir traballando na liña de crecemento e mellora constante do club, baixo a idea de estabilidade e crecemento futuro do proxecto RC Celta dunha forma solvente.

2. Organigrama actualizado que permite identificar aos responsables dos diferentes órganos, así como as súas funcións e relacións de dependencia.
Atópase na seguinte ligazón

 

CONTRATOS, CONVENIOS E SUBVENCIÓNS

Ver información sobre contratos, convenios e subvencións

1. Contratos formalizados por calquera entidade pública ou baixo control público.
RC Celta ten formalizado os seguintes contratos con entidades públicas ou baixo control público:

  • Convenio Singular subscrito coa Axencia Tributaria do Estado para o pago da débeda concursal privilexiada con data de 11 de maio de 2009. A data de formulación das contas anuais da tempada 2017/2018 está totalmente satisfeito.

2. Contratos menores formalizados con calquera entidade pública ou baixo control público.
Actualmente, RC Celta non ten formalizados contratos menores con entidades públicas ou baixo control publico

3. Convenios subscritos, así como partes asinantes, o seu obxecto e no seu caso as obrigacións económicas convidas.
RC Celta ten subscritos os seguintes convenios con entidades públicas ou baixo control público:

  • Concesión administrativa das Instalacións Municipais correspondentes ao Estadio de Abanca Balaídos, Barreiro e á Cidade Deportiva da Madroa, subscrito con data 30 de xaneiro de 2009 polo cal se ceden as anteriores instalacións até o día 16 de maio de 2034.

4. Subvencións e axudas recibidas de calquera entidade pública ou baixo control público, importe e finalidade.
RC Celta recibiu unha subvención concedida pola Secretaria Xeral para ou Deporte, na tempada 2016/2017, por importe de 5.531,14€.

 

ORGANOS DIRECTIVOS DO CLUB

Ver información órganos directivos do club

1. Retribucións percibidas, no seu caso, polos membros do Consello de Administración.

Os membros do Consello de Administración non perciben remuneración algunha por ningún concepto.

A sociedade ten contratado un seguro de accidentes colectivos para os membros do Consello de Administración ao longo da tempada, sendo o importe total das garantías contratadas tanto en caso de morte como de invalidez absoluta por importe de 100.000€ por asegurado.

Ademais, a sociedade ten contratada unha póliza que cobre a responsabilidade civil de Administradores e Altos Cargos, sendo o límite por anualidade do seguro de 3.000.000€.

O importe de ambas as primas de seguros non é significativo.

 

INFORMACION ECONÓMICA E ORZAMENTARIA

Ver información económica e orzamentaria

1. Orzamento de ingresos e gastos aprobado pola Xunta Xeral de Accionistas (segundo o modelo normalizado aprobado pola LNFP: art 12 RLFP).

2. Contas Anuais individuais e no seu caso, consolidadas de RC Celta.
A sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. é a sociedade dominante dun grupo de sociedades formado por:

  • A sociedade participada Afouteza e Corazón, S.L.U., que non realiza actividades de ámbito deportivo, e
  • A entidade de propósito especial Fundación Celta de Vigo, cuxa actividade principal é a promoción do deporte basee desde as categorías inferiores de RC Celta.
    A sociedade atópase dispensada da obrigación de consolidar por participar exclusivamente en sociedades dependentes que non posúen un interese significativo, individual e en conxunto, para a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados das sociedades do grupo.
    Contas Anuais a 30 de xuño de 20188

3. Informes externos de Auditoría sobre as Contas Anuais.