Relacións cos socios, afeccionados e publico en xeral

CARACTERÍSTICAS DA PÁXINA WEB.

Ver as características da páxina web

1. Portal de transparencia na web.
O club implantou unha sección específica para fomentar a transparencia, na cal nos atopamos.

2. Buscador interno.
A páxina web conta cun buscador interno claramente visible na parte superior dereita da web corporativa

3. Mapa da web.
Pódese ver na portada da páxina web o mapa da mesma

4. Caixa de correos de denuncias específico para que abonados e terceiros poidan pór en coñecemento eventuais incumprimentos do código ético.
A caixa de correos de atención ao cliente, denominado, Escoitamos, que se atopa na seguinte ligazón http://www.escoitamos.rccelta.es/

 

INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO SOCIO E AO PUBLICO EN XERAL.

Ver información e atención ao socio e ao publico en xeral

1. Espazo reservado para os abonados.
O club dispón dun espazo para abonados dispoñible na ligazón

2. Listaxe de Penas de RC Celta e os seus datos básicos.
Todo o relativo a Penas atópase na seguinte ligazón

3. Suxestións e/ou peticións das Penas e/ou asociacións de afeccionados.
RC Celta realiza o tratamento das suxestións a través da caixa de correos de atención ao cliente, denominado, Escoitamos, e onde se atende calquera suxestión, sexa ou non abonado ou peñista. A caixa de correos de suxestións atópase na seguinte ligazón

4. Catalogo básico das actividades, así como as sedes dos seus servizos e equipamentos do Grupo.
As actividades básicas detállanse a continuación:

5. Resultados de enquisas realizadas a abonados e/ou público sobre a satisfacción ou calidade dos servizos de RC Celta.
Non se realizaron enquisas aos abonados nin ao público sobre a satisfacción ou calidade dos servizos prestados.

 

RELACIÓNS COA SOCIEDADE, SEGURIDADE E POSICIÓN CONTRA A VIOLENCIA.

Ver información sobre relacións coa sociedade, seguridade e posición contra a violencia

1. Normas específicas e recomendacións de RC Celta a afeccionados sobre comportamentos, e contra a violencia, nas súas instalacións e recintos, así como en eventos nos que participe o Grupo en recintos alleos.

RC Celta facilita información aos afeccionados para previr a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte, en cada partido celebrado en Abanca Balaídos, Campo de Fútbol de Barreiro así como nas mesmas entradas dos partidos.

Os diferentes documentos con recomendacións a afeccionados e normas específicas relativas á seguridade e a posición do RC Celta contra a violencia son os seguintes:

2. Simboloxía e material non permitido (bengalas, armas, etc.) dentro do recinto deportivo.
RC Celta facilita información aos afeccionados para previr a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte, en cada partido celebrado en Abanca Balaídos, Campo de Fútbol de Barreiro así como nas mesmas entradas dos partidos..

Todo o relativo a simboloxía e material non permitido dentro do recinto deportivo atópase no punto anterior.

3. Publicación de medidas ou políticas de carácter social ou de responsabilidade social.
As accións de carácter social atópanse na seguinte ligazón

4. Relacións e/ou condicións especiais de RC Celta respecto das Penas e/ou asociacións de afeccionados (reserva de entradas, espazo nos recintos, …)
As relacións e condicións de RC Celta respecto das penas e/ou asociacións de afeccionados atópase regulado o Regulamento Interno do Real Club Celta de Vigo, S.A.D

5. Medidas adoptadas e/ou previstas fronte aos grupos potencialmente violentos ou radicais que acoden ao recinto deportivo.
As medidas adoptadas por RC Celta fronte a grupos potencialmente violentos atópanse recollidas no Regulamento Interno do Real Club Celta de Vigo, S.A.D

6. Decisiones en materia de reparto y ubicación de entradas para desplazamiento o finales, materiales de animación permitidos y resto normas seguridad y animación.

No artigo 4 do Libro XII do Regulamento de Venda de Abonos e Entradas de cumprimento para todos os clubs/SAD´s da LNFP indícanse as condicións para a venda de entradas en zona ou sector visitante.

Ademais, no Regulamento Interno establécense medidas de apoio ás actividades dos seguidores de RC Celta nos desprazamentos do equipo.

7. Información sobre datos de presenza policial, seguridade privada nos eventos deportivos. 
Non se facilita información sobre datos de presenza policial por medidas de seguridade.

Nos eventos deportivos celebrados en Abanca Balaídos e Barreiro disponse de seguridade privada.

8. RC Celta publica na web un perfil en redes sociais.
Os perfís en redes sociais (Instagram, Youtube, Twitter e Facebook) están reflectidos mediante iconas na parte superior da web, contendo cada un destas iconas o acceso directo aos correspondentes perfís.