Primeiro Equipo

Lemos debutou en Primeira División marcando un gol de ‘nove’

RC Celta

LEGCEL280117LEMOS.jpg

Álvaro Lemos gozou dos seus primeiros minutos en Primeira División este sábado en Leganés. O galego foi titular e ocupou a banda dereita do ataque, deixando bos detalles e demostrando o seu compromiso e entrega.

 

Por se non fose pouco o feito de debutar na máxima categoría do fútbol español, Lemos anotou un fantástico gol que abriu o marcador en Butarque. O xogador compostelán recibiu na área un pase de Señé e, a media volta, definiu coa zurda para enviar o balón pegado ao poste. Foi o tanto que sinalou o camiño cara a unha importante vitoria, pechada cun tanto de Guidetti desde o punto de penalti.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas