radoja_fontas_celta_alaves_liga_2016_2017.jpg
Primeiro Equipo

LIGA | A previa en 10 datos: Celta-Alavés

RC Celta

radoja_fontas_celta_alaves_liga_2016_2017.jpg

O Celta recibe este domingo ao Alavés (18:30, Balaídos), un partido no que os celestes saerán a por todas para conseguir os primeiros tres puntos da tempada e agasallar á afección cun triunfo no seu estadio. Repasamos con dez datos chaves deste atractivo choque entre galegos e vascos:

1. O Celta venceu pola mínima no último enfrontamento ligueiro ante o Alavés en Balaídos. Radoja foi o autor do tanto.

 

2. O Celta non perdeu nunca como local ante o Alavés en Liga. Nas nove ocasiones nas que se enfrontaron en Balaídos no campionato ligueiro os celestes lograron 6 triunfos e 3 empates.

 

3. O Celta sempre marcou polo menos 1 gol nos partidos de Liga xogados ante o Alavés en Balaídos.

 

4. Balaídos é o único estadio de Primeira División no que, disputando polo menos 3 partidos, o Alavés non logrou nunca a vitoria.

 

5. O Alavés foi verdugo do Celta nas semifinais da última Copa do Rei ao gañarlle 1-0 en Mendizorroza tras empatar a ceros en Balaídos, sen dúbida un aliciente máis para o choque deste domingo.

 

6. O Celta é o equipo que menos faltas cometeu en Liga ata o momento nesta tempada (21).

 

7. Pacheco, gardameta do Alavés, realizou 11 paradas na presente campaña, máis que calquera outro porteiro.

 

8. O dianteiro celeste Maxi Gómez é actualmente o líder do Trofeo Pichichi con 3 goles.

 

9. Iago Aspas debutou en Balaídos nun Celta-Alavés de Segunda División no ano 2009 (2-1). O canteirán saltou ao terreo de xogo no minuto 59, marcou os dous goles dunha vitoria vital para conseguir a permanencia e converteuse nunha lenda do celtismo.

 

10. Do mesmo xeito que o Celta, o Alavés  perdeu os dous primeiros partidos da liga 2017/2018. Na primeira xornada no campo do Leganés (1-0) e na segunda en Mendizorroza ante o FC Barcelona (0-2).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas