LIGA | O Celta paga en Mendizorroza os seus erros na primeira metade (3-1)

sistoalvcel.JPG

O Celta caeu en Mendizorroza ante un Alavés que na primeira metade mostrou unha efectividade absoluta e anotou tres tantos. Tras o descanso, o dominio celeste foi abafador e traduciuse nun gol de Aspas e un bo número de ocasións sobre a portaría de Pacheco. Neste choque, debutou en Primeira, con 19 anos, o porteiro canteirán Iván Villar.

 

Ao cinco minutos, co Celta tratando de apoderarse do coiro, erro tremendo na saída de balón que permitiu que Manu García encarase moi comodamente a Iván Villar e anotase con facilidade. Pésimo comezo do choque para os vigueses

 

Pouco despois, gran chilena de Beauvue con gran parada de Pacheco. E aos 17 minutos segundo rete do Alavés e segundo tanto local. Saque de esquina e cabezazo, só, de Feddal á rede.

 

Aos 36 minutos, contra local, centro á área e remate de Deyverson a porta. Efectividade máxima do Alavés, que non gozaba da posesión, pero anotaba en cada chegada. A primeira metade acabou de maneira accidentada, a retirada de Marcelo Díaz tras un forte golpe na cara.

 

Tras o descanso, bo arranque celeste con ocasións e chegadas, en especial un remate de socato de Aspas que rexeitou con fortuna Pacheco. O canteirán e Sisto tentárono despois sen acerto no monólogo celeste da segunda metade.

 

A falta de quince minutos, penalti a Sisto tras unha gran xogada persoal. Aspas anotou desde o once metros o seu décimo oitavo gol en Liga. Máis que merecido o tanto para un Celta que dominaba por completo.

 

FICHA TÉCNICA

3-Alavés: Pacheco, Vigaray, Alexis, Feddal, Theo, D. Torres, Manu (Llorente, min.74), Sobrino, Toquero (Edgar, min.66), Katai (Romero, min.70) e Deyverson.

 

1-Celta: Iván Villar, Roncaglia (Jonny, min.60), Sergi Gómez, Fontás, Planas, Marcelo Díaz (Tucu Hernández, min.44), Wass, Jozabed, Pione Sisto, Bongonda (Iago Aspas, min,46) e Beauvue.

 

Goles: 1-0, min.5: Manu; 2-0, min.17: Feddal; 3-0, min.36: Deyverson; 3-1, min.78: Aspas, de penalti.

 

Campo: Mendizorroza.

Leave a Reply

eight + 3 =