Lista do Celta B para a volta do play off ante o Cortes

Pichi Lucas convocou a 17 futbolistas para o partido de mañá (Barreiro, 12:00)

 

O adestrador do filial, Pichi Lucas, convocou aos 17 xogadores dispoñibles para a volta do play off de ascenso ante o CD Cortes (mañá, 12:00, Barreiro), entre eles o porteiro xuvenil Yago. Na ida o conxunto celeste venceu por 0-2.
 

A lista fórmana Yago, Óscar, Maceira, Marcos Torres, Aitor, Borja, Antón, Soto, Benja, Félix, Añón, Rubén Martínez, Víctor Vázquez, Maestre, Kevin, Moreira e Thaylor.

 

Sergio Santos é baixa por lesión. Camochu é baixa por sanción. Santi Mina está concentrado en Madrid coa selección española sub-19. Madinda e Rubén non entran na lista por estar convocados co primeiro equipo.

Leave a Reply

15 − three =