Lista do Celta B para iniciar a segunda fase do play off de ascenso

O filial enfróntase mañá ao Mutilvera no partido de ida (Barreiro, 18:00)

 

O adestrador do filial, Pichi Lucas, convocou a 18 xogadores para o partido ante o Mutilvera, ida da segunda eliminatoria polo ascenso a Segunda División B (mañá, 18:00, Barreiro), entre eles os xuvenís Yago, David Costas e Thaylor. 
 

A lista fórmana Yago, Óscar, Maceira, Marcos Torres, Aitor, David Costas, Borja, Antón, Soto, Félix, Añón, Rubén Martínez, Víctor Vázquez, Maestre, Kevin, Moreira, Thaylor e Camochu.

 

Sergio Santos e Benja son baixa por lesión. Santi Mina, Rubén e Madinda están concentrados coas súas seleccións nacionais.

Leave a Reply

5 × 4 =