Lista do filial para o partido de mañá ante a SD Compostela

CeltaB_1314_anhon.jpg

O filial xoga a undécima xornada de 2ªB este mércores en San Lázaro ás 20:30 horas

 

O filial celeste xoga mañá mércores ante a SD Compostela (San Lázaro, 20:30), partido correspondente á undécima xornada de Segunda División B. O adestrador do Celta B, David de Dios, convocou a 18 futbolistas, entre eles os xuvenís Samu e Jordan. 

 

A lista completa fórmana Rubén Blanco (porteiro), Óscar Santiago (porteiro), Samu, Pablo Pérez, Soto, Goldar, Maceira, Jordan, Antón, Borja Fernández, Borja Domínguez, Yelko Pino, Fernán, Aitor, Marcos Torres, Añón, Borja Iglesias e Thaylor.

 

Kevin e Javi Rey son baixa por lesión.

 

Fotografía: Diego Pérez

Leave a Reply

18 − 13 =