Lobotka e Maxi agárdante este venres na tenda Orange do CC Gran Vía

Stanislav Lobotka e Maxi Gómez, dous das novidades no plantel do Celta 2017/18, acudirán este venres 3 de novembro ás 18:00 horas á tenda Orange do Centro Comercial Gran Vía de Vigo. Ademais de coñecer en persoa aos futbolistas celestes e conseguir as súas sinaturas, os afeccionados que se acheguen ao establecemento da compañía de telecomunicacións entrarán no sorteo de agasallos exclusivos.