Lobotka non sofre fractura no peroné da súa perna esquerda

O centrocampista do RC Celta Stanislav Lobotka non sofre fractura no peroné da súa perna esquerda, segundo desvela a radiografía que lle realizaron esta tarde no Hospital de Vithas Nuestra Señora de Fátima. O xogador tivo que ser substituído na segunda metade do partido de Copa do Rei ante a Real Sociedad tras sufrir un forte golpe. Os servizos médicos do club agardarán a mañá para comprobar a súa evolución.