lobotka-seleccion-eslovaquia-uniforme-blanco.jpg
Primeiro Equipo

Lobotka, titular e goleador con Eslovaquia no triunfo ante Acerbaixán

RC Celta

Stanislav Lobotka foi protagonista este martes no partido de Eslovaquia ante Acerbaixán, puntuable para a clasificación á Eurocopa 2020. O celeste foi titular e abriu o marcador ao pouco de comezar o encontro cun fantástico gol. Unha faceta, a goleadora, nada habitual no centrocampista, que aínda non se estreou co RC Celta. Lobotka mantívose no terreo de xogo até o minuto 83.

O tamén céltico Robert Mazán, titular no anterior partido de Eslovaquia, non tivo participación nesta ocasión. Con este triunfo, o combinado eslovaco ascende á segunda posición do Grupo E e renova as súas forzas na carreira por clasificarse á Eurocopa.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas