Loito na familia celeste polo falecemento de Carlos Bermúdez, director de Celta TV

Pesar, tristeza e consternación na familia celeste polo falecemento nas últimas horas de Carlos Bermúdez, director de Celta TV, a que fose televisión do club durante catro tempadas. O RC Celta quere transmitirlles á súa familia e amigos o seu máis sentido pésame por esta terrible perda que tanta conmoción causou no celtismo polo enorme agarimo que a figura de Carlos espertara. DEP.