Lucas Olaza: «Cando souben do interese do RC Celta, non o dubidei»

O lateral zurdo Lucas Olaza, xogador do Celta B durante a 15/16, volve a Vigo cedido por Boca Juniors até final de tempada. O uruguaio repasa con Celta Media os últimos pasos da súa carreira profesional, o seu crecemento como futbolista e as súas impresións ao regresar ao RC Celta e competir nunha das mellores ligas do mundo.