Lucas Olaza: “O celtismo está a darnos unha motivación extra”

O lateral zurdo Lucas Olaza, titular nos últimos partidos do RC Celta, valora ante os medios as últimas semanas de competición, o apoio do celtismo e as claves do próximo partido ante o Atlético.