Primeiro Equipo

Lugo, Valladolid, Fiorentina, Pisa e Pescara: rivais confirmados para a pretempada celeste

RC Celta

pretemporada1617.jpg

 

O Celta xa prepara a nova tempada nas Instalacións Deportivas da Madroa. Os celestes iniciaron a súa posta a punto esta semana co obxectivo de chegar ao comezo da competición cun gran nivel. Antes de que arrinque a Liga, os de Berizzo afrontarán varios partidos amigables, o primeiro deles ante o CD Lugo o sábado 16 de xullo ás 20:00 en Barreiro.

 

Tamén se confirmou ao Valladolid como un dos rivais de pretemporada. Vigueses e valisoletanos, actualmente liderados polo ex técnico celeste Paco Herrera, mediranse en Melgaço o xoves 28 de xullo ás 19:00 (hora portuguesa).

 

Tras estes primeiros compromisos, o Celta porá rumbo a Italia o sábado 30 de xullo. Os galegos xa teñen confirmados tres rivais contra os que se enfrontarán durante a concentración no país transalpino: Fiorentina, Pisa e Pescara.

 

Histórico do calcio italiano, o ACF Fiorentina conta na súa palmarés con dous títulos de liga, seis Copas de Italia e unha Supercopa de Italia, ademais dunha Recopa de Europa. Quintos clasificados na última Serie A, o equipo viola participará na próxima edición da UEFA Europa League. O amigable ante o Celta celebrarase o domingo 31 de xullo ás 20:30 en Florencia.

 

O mércores 3 de agosto o conxunto galego xogará ante a AC Pisa, equipo da Serie B, ás 20:30 en Pisa. O último opoñente confirmado até agora para a xira italiana do Celta é o Pescara Calcio 1936, club que a próxima campaña militará na Serie A e ante o que os vigueses se medirán o sábado 6 de agosto ás 20:30 en Pescara.

 

Amigables confirmados

Sábado 16/07: Celta v Lugo (20h, Barreiro)

Xoves 28/07: Celta v Valladolid (19h. Portugal, Melgaço)

Domingo 31/07: Fiorentina v Celta (20:30, Florencia)

Mércores 03/08: Pisa v Celta (20:30, Pisa)

Sábado 06/08: Pescara v Celta (20:30h, Pescara)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas